O venres pasado asistimos a familia a unha cerimonia, no Seminario Maior de Lugo, no que o meu cuñado Alberto recibía os ministerios de lector e acólito. Foi unha cerimonia moi emotiva na que o propio Alberto estivo rodeado da súa familia e dos seus amigos, o que non é pouco.
Con todo, nestas liñas o que quero é render unha pequena homenaxe, pois non me considero capaz de nada mellor, ao meu cuñado Alberto. Unha persoa que foi saltando os diferentes valos que lle puxo a vida cunha gran solvencia, dirixido por un gran equipo de adestradores que foi a súa familia máis directa. Como un gran corredor dos 400m valos, nos momentos máis importantes soubo sortealos e alcanzar a meta. Unha vez alcanzada esa meta propúxose outra sumamente difícil nos tempos que vivimos. Entrar no Seminario, realizar os estudos de Teoloxía e xa se verá onde acaba. Non resulta fácil para unha persoa nova dar ese paso, pois é necesario recoñecer que a Igrexa como entidade non ten unha gran apreciación hoxe en día, e máis aínda na mocidade.
Isto non é máis que un síntoma da súa personalidade. Unha persoa tenaz, intelixente, investigadora e crítica. O venres pasado xa pasou un valo máis nesa carreira que elixiu realizar. Como lector xa pode ler as escrituras e como acólito xa pode participar no ofertorio e impartir a Comuñón.
De todo iso decateime o venres pasado e aínda que a nosa posición ideolóxica estea bastante separada sempre foi unha persoa coa cal puiden e podo debater os nosos pensamentos nun ambiente de respecto mutuo e de tolerancia. Aspectos nos que Alberto destaca fortemente. Non podo deixar de lembrar como, xustamente, ao acabar a cerimonia xa empezamos a debater sobre a palabra “acólito” que teño que recoñecer que non me gusta nada de nada.
Espero poder seguir debatendo contigo, desde posicións moitas veces antagónicas, da sociedade actual, das diversas actuacións políticas, das diversas actuacións da Igrexa; é dicir, da vida. Sinto moi orgulloso de poder levar a cabo estas charlas contigo e o que me apesara un pouco é non poder facelo máis a miúdo porque nos vemos poucas veces e pouco tempo.
Por certo, a miña curiosidade científica levoume a descubrir que o despacho do bispo se atopa na planta 4ª do Seminario. Non me importaría discutir algún tema contigo na devandita planta. A Institución gañaría un gran dirixente, sen ningún tipo de desconsideración para o actual inquilino.
Unha forte aperta “compañeiro e amigo”.
Me encanta esta entrada es la que más me gusta de todas!
ResponderEliminarUn beso
TE felicito por todo tu blog en general siempre deseo que hagas más entradas
Tu hijaa MIREYA!
Me encanta esta entrada, es la que más me gusta hasta el momento, jajaja.
ResponderEliminarTe felicito por tu blog es estupendo lo leo siempre que hay novedades!! Espero que sigas escribiendo más y más cosas.
Te quiero!
AHhh! congratulatioonnss querido Alberto