A semana pasada abríronse “ as portas do Pazo de Meirás" ao público. E póñoo entre comiñas porque entendo que consiste en “deixar en descuberto algo, facendo que aquilo que o oculta apártese ou se separe”. E esta acción parece que non se produciu.
Debo dar o parabén ao anterior goberno bipartito por conseguir a declaración de BIC do Pazo e ao alcalde de Sada polo seu empeño en ofrecer ao público este monumento. Para que todo fose perfecto, só falta que a propietaria do Pazo, a familia Franco, tivese o mesmo respecto cara aos veciños galegos e doasen esta propiedade da que apenas fan uso e que pasou as súas máns como todos coñecemos.
Volvendo ao tema da apertura, o outro día estiven oíndo unha emisión radiofónica onde unha representante do PP no Parlamento Galego eloxiaba os grandes esforzos negociadores do goberno autónomo para a súa apertura tras case catro anos de litixio e o que queda, pois aínda se produciu un novo recurso por parte da familia Franco. Eses grandes esforzos negociadores rematan na apertura do Pazo unhas horas os venres de cada mes. Isto lémbrame aquilo de que os venres non se podía comer carne pero si marisco e uns peixes fermosos. Parece que este día de semán vaise converter en un día de símbolos.
Non vin o Pazo nin creo que o vexa porque a miña conciencia impídeme dar os meus datos persoais a unha empresa de seguridade privada, pagada pola Xunta. A que espera o noso goberno para acabar con esta historia de ciencia ficción?.
De todos os xeitos estiven vendo algunhas fotos en diversos medios de prensa. En primeiro lugar, teño entendido que na visita guiada non se ten en conta os datos relatados no informe da anterior Dirección Xeral de Patrimonio sobre a historia e o estado do Pazo. O guía contratado pola empresa de seguridade só conta coa colaboración da familia Franco e a escasa información que se lle deu. A verdade, para poder ver a colección de cabezas de cervo e outras pezas de caza e o busto do ditador escusaban pasar tanto tempo negociando e abrir o pazo.
Ao meu modo de ver o erro é de principio. Débese lembrar que o pazo foi a vivenda da nosa insigne escritora Emilia Pardo Bazán. Ademais da súa obra literaria (máis de 500 obras en diversos xéneros literarios) cabe destacar a súa consistente denuncia da desigualdade educativa entre o home e a muller, e o seu propósito de conseguir o nomeamento dunha muller como membro da Real Academia da Lingua (Concepción Arenal, Gertrudis Gómez de Avellaneda). Ela mesma foi rexeita tres veces (1889, 1892 e 1912). En 1906 chega a presidir a Sección de literatura do Ateneo de Madrid e chega a ser catedrática de Lingua na Universidade Central de Madrid.
O Pazo de Meirás debería abrirse ao público sobre a figura de Emilia Pardo Bazán sinalando tamén, de como pasou a mans do ditador en plena Guerra Civil a través de donativos forzosos e con diñeiro público. Con todo o problema é, onde se atopan os libros da impresionante biblioteca da familia Pardo Bazán?. Só 4000 volumes doáronse ao Estado. Perdeuse o resto da biblioteca no incendio?, como se fixo a restauración despois de devandito incendio?.
Este é o traballo no que se debería centrar a nosa Consellería de Cultura. Conseguir a cesión completa do Pazo, investir no mantemento do mesmo e abrilo completamente ao público centrando a súa actividade na figura de Emilia Pardo Bazán. Pode ser caro, non digo que non. Unha expropiación forzosa podería ser moi costosa, pero pregúntome non é malgastar o mantemento das instalacións do monte Gaiás?. Non se creou unha Cidade da Cultura na que hai que pensar agora con que enchela, no canto de facelo ao revés?.
Sexamos serios e fomentemos de verdade a cultura galega.
Estou moi de acordo coas túas reflexións. A esta “familia” se lle queda algo de decencia, cousa que dubido que tivesen nalgunha ocasión, deberían copiar o que fan personaxes ilustres, en definitiva xente de ben, que nun acto de xenerosidade enorme e acorde ca súa gran valía como personaxes relevantes en distintos ámbitos, cederon os seus bens máis prezados para disfrute de todos. Bens que significaron moito nas súas vidas, agasallos de grandes amigos, cartas persoais, edicións orixinais, cadros inéditos, etc. Xente marabillosa que logo de falecer aínda nos seguen dando leccións de “bo facer”. En definitiva, non sei o que significa para esta “familia” devandita propiedade, pero tendo en canta o xeito en que chegou ás súas mans, sería un acto honroso pola súa banda devolvela ao pobo galego.
ResponderEliminar