Fai tempo que non escribo no blog. A cantidade de traballo no que me
acho inmerso non me permite dedicar o tempo que quixese a reflexionar neste espazo.
Con todo, non podo deixar pasar este día sen escribir unhas verbas como unha pequena homenaxe, dun galego máis, á nosa lingua.
Debido a que nestes momentos a defensa da nosa lingua é atacada desde
diversos sectores, é o momento de unirnos a esta homenaxe. Que non nos
queiran dividir entre a defensa do galego como localismo e a do inglés
como globalización. Ambas son importantes.
A lingua é cultura, a cultura permite ao cidadán ter un razoamento
crítico e utilizar este razoamento crítico é o que fai que un país
desenvólvase, teña personalidade propia e non se deixe levar por
ideoloxías que defenden o pensamento único.
Desde a miña pequena achega, unha defensa desta lingua tan fermosa, viva
e ponte de comunicación entre diversas pero semellantes culturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario