Acaba de empezar o
novo curso académico e a educación segue sendo tema de debate. De debate, ou
simplemente unha ferramenta para aplicar a ideoloxía do grupo gobernante á
sociedade aproveitando a crise que está a sufrir este país e coa frase máis
utilizada nestes tempos "non hai máis remedio" ou ben "é o
único que se pode facer". Ao ministro encántalle polemizar coa oposición,
xa o facía como “tertuliano” na radio, pero non se decatou que agora ocupa
outra posición e a polémica non é a súa tarefa. Ao revés, a súa tarefa é
conseguir o maior apoio posible para todas as súas decisións.
O máis importante que necesita a educación en calquera país é un acordo maioritario. Que todos os partidos do arco parlamentario poidan achegar as súas aportacións ás leis educativas e que a súa aprobación teña o maior consenso posible para que poida sobrevivir a diferentes gobernos, independentemente da cor do partido de goberno.
Para conseguir unha
educación de calidade hai que crer nela. Hai que crer na necesidade de educar
cidadáns con espírito e raciocinio crítico que permita abordar os problemas e
que pensen por se mesmos tendo un amplo coñecemento das diferentes ideoloxías coas
que se poden abordar eses problemas. Non se necesitan cidadáns “seguidistas” dos que algúns se cren como "salvadores
do estado". E ese xerme está na sociedade e polo tanto débese axudar a calquera persoa que queira embarcarse neste proxecto tan difícil.
Pero, non esquezamos, que unha educación de calidade leva consigo unha importante achega económica dentro dos presupostos do estado. E as bolsas son a ferramenta máis importante para que todas as persoas teñan igualdade de oportunidades e posibilidades de ter unha educación superior. Non se pode medir a obtención dunha bolsa para estudos universitarios pola nota media dun bacharelato. Ou acaso, o estudante de 5,5 é mellor estudante que o de 5?.
As bolsas débense outorgar por necesidade económica. Agora ben, logo é necesario facer un control do aproveitamento académico da devandita bolsa. É dicir, primeiro subvencionar o estudante que o necesite para que entre na Universidade e logo revisar que a súa actividade educativa se corresponde coa axuda recibida. O mesmo sucede co acceso á Universidade. Ata agora accedíase por nota e unha vez conseguido a entrada na titulación correspondente non se controla o tempo que o estudante ocupa esa praza. Que pasa co estudante que non puido entrar por décimas?. Non hai que esixir que o que entra cumpra?.
Outra pata importante
é o profesorado e este goberno está a dilapidar a honra desta profesión. Nos
países do Norte, o profesor é unha persoa cun recoñecemento e respecto moi alto. En España non. Non nos decatamos que en
mans do profesorado está o futuro do país. E para que se poida traballar
axeitadamente necesítanse medios, tranquilidade e un respaldo dos gobernantes.
En España non. Só tómase café, lese o xornal e trabállanse moi poucas horas.
Pois non, neste país os profesores traballan moi duro e non só ensinan senón
que, en moitas ocasións, tamén teñen que educar (tarefa na que algunha parte da sociedade que tanto critica ao profesorado non aporta nada).
Na Universidade, o profesorado está continuamente baixo exame. Examínannos os estudantes mediante enquisas que poden afectar ao recoñecemento docente do profesor. Examínanos o Ministerio (a través da súa axencia) no que respecta á nosa investigación e examínanos a Xunta de Galicia (tamén a través da súa axencia) no que respecta aos nosos méritos docentes e investigadores. Pero unha curiosidade, este ano e o próximo 2014, a Xunta de Galicia penaliza economicamente o profesorado con máis méritos. Se, parece incrible pero é así. Como hai que recortar un 5% de media nos soldos dos funcionarios, a Xunta recorta nos complementos que paga e loxicamente se algún profesor non ten méritos docentes e investigadores abondo lle pode recortar esa porcentaxe. Aos que se traballaron e teñen méritos para alcanzar ese recorte, se fai. En resumo, ao que máis traballa máis recórtaselle. Unha política efectiva para incentivar o traballo dos educadores.
Estamos nun tempo novo, con novos problemas que necesitan formulacións distintas ás utilizadas ata o momento. Enfoques diferentes porque o mundo evoluciona a alta velocidade e polo tanto, se necesitan respostas novas. En que punto se encontra España?. Pois na elaboración dunha lei que, aínda que se aprobe coa maioría absoluta do PP, se manifestou que nas próximas eleccións se non obtén o PP maioría absoluta, todos os partidos da oposición chegaron ao acordo de derrogala. A política neste país necesita aires novos, que se abran as portas a unha renovación e que entre zume novo disposto a traballar cunha dinámica e pensamento acorde co futuro que se necesita.
Debo manifestar mi acuerdo absoluto con las ideas que desgranas en esta contribución a tu blog. Asistimos al quebranto de un país (o algo parecido) que, mientras juega consciente e irresponsablemente con un elemento fundamental del progreso y bienestar de los pueblos, la educación, se afana en grandes esfuerzos e inversiones en vanalidades, como es el caso de algún que otro "espectáculo" deportivo de masas. Padecemos varias crisis a un tiempo, tanto la sociedad civil como el estamento educativo en particular. y no parece que tengamos ni una ni otro la agilidad de reflejos para superar diferencias y establecer un diseño estratégico que cablague por encima de los ritmos y mendacidades de la política.
ResponderEliminarDejó escrito Unamuno en su “Pórtico del Templo“ (de 1906) que “Inventen, pues, ellos y nosotros nos aprovecharemos de sus invenciones. Pues confío y espero en que estarás convencido, como yo lo estoy, de que la luz eléctrica alumbra aquí tan bien como allí donde se inventó“. Sigamos así, pues, y la más sórdida obscuridad se cernirá por décadas en el país del sol.